Día
O Concello de Cervo conmemorará o Día Mundial Forestal o vindeiro xoves, 21 de marzo, con diferentes actividades.
Pola mañá, a Delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, achegará ao alumnado dos centros escolares da localidade o espectáculo musical "O galo quirico e os seus amigos", unha posta en escena con marionetas tradicionais e teatriño de cartón que busca interactuar co público, con música en directo do acordeonista Carlos Quintá.
Xa para pola tarde, e en colaboración coas Concellerías de Xuventude (oficina municipal de voluntariado) e Servizos Sociais, programouse unha actividade de voluntariado que se desenvolverá no Centro de Día Residencia, e que consistirá nunha plantación de árbores na zona axardinada do centro na que participarán tamén as persoas usuarias do servizo.
... leer másO Concello de Burela, a través da Delegación de Servizos Sociais e do CIM, organiza diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Terán lugar este sábado, 9 de marzo.
O programa comezará cunha charla-coloquio, que se celebrará a partir das 12:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A actividade leva por título As mulleres movendo Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participarán as seguintes asociacións: Amas de Casa Praia da Marosa, que estará representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Burela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.
Ás 13:15 horas o alcalde de Burela, Alfredo Llano, dará lectura a un manifesto. E, ás 14:00 horas, dará comezo unha comida organizada pola asociación de amas de casa Praia da...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller, Pilar Armada, e representantes das diferentes asociacións (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade, Mulleres de San Ciprián) presentaron os actos organizados para celebrar o Día da Muller.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na Casa da Cultura.
Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.
A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.
O 17 de...
leer másO Concello organiza a Semana da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.
O 11 de marzo comezarán as actividades ás 17:00 horas no centro social de San Cosme, onde se desenvolverán os xogos Mulleres na Historia. Estes continuarán o xoves 14 no campo da festa de Vilamar ás 16:15 horas; e no CEIP de San Miguel de Reinante, ás 18:00 horas. Rematarán o venres 15 no centro social de San Cosme ás 18:30 horas. Os xogos están adaptados a todas as idades.
Tamén o venres 15 de marzo, terá lugar a entrega de premios do II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora. O acto celebrarase no centro social de San Cosme a partir das 18:30 horas.
O tema do concurso fotográfico...
leer másA ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o 24 de febreiro o Día de Rosalía cunha presentación de libros.
O vindeiro domingo 24 ás 12:00 horas no Caseto de Copa, en Cervo, a escritora burelesa Antía Yáñez presentará a súas obras: O misterio de Portomarín, Senlleiras e A Reconquista. Xunto a autora estarán Ramón González Rei, coordinador do Xornal da Mariña; e Iria Fernández Moscoso, colaboradora de ACR Fervenza de Sargadelos.
Esta asociación anima a todas as persoas a participar, como peche da xornada, na lectura pública e participativa do Manifesto feito pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar este día.
Este ano co gallo do Día Internacional do Humidais o Concello de Ribadeo, en colaboración Enrique Sampedro Miranda administrador blog Ría de Ribadeo, celebra de novo esta efeméride.
O vindeiro sábado, 2 de febreiro, desde o Concello “invitámoste a redescubrir a Ría de Ribadeo, incluída na Rede Natura 2000 e no convenio Ramsar, declarada Zona Húmida de Importancia Internacional, e polos seus valores en diversidade biolóxica declarada Reserva da Biosfera. É na actualidade un dos humidais máis importantes de Galicia polos seus valores ecolóxicos e diversidade”.
O vindeiro sábado ás 11:30 horas na Casa da Xuventude haberá unha conferencia titulada Ría de Ribadeo, 25 anos de Humidal de Importancia Internacional. Evolución e estado actual, a cargo de Enrique Sampedro Miranda (blog Ría de Ribadeo).
... leer másA Banda de Gaitas Dambara de Burela organiza o Día da Música que se celebrará o sábado 24 de novembro.
A xornada desenvolverase na antiga praza de abastos e actuarán os grupos bureleses da propia Banda de Gaitas Dambara, Batuko Tabanka, Acordeonistas da Mariña, O Xogaral, Ledicia, Raíces Peruanas de Burela, a Banda CCTT Sto. Inocencia de Teixeira, Eu Sond Band, a Coral Polifónica de Burela e Desiderio, Modesto, Nela e Hilario. Tamén intervirán neste Día da Música os grupos de Brisas del Navia de Medal (Asturias), Forget La France de Lugo e A Rebolaxe de San Ciprián.
Ao remate destas actuacións haberá unha foliada libre. Tamén terá lugar un xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas. O menú do xantar estará composto por sopa de cocido, xamón cocido, chourizos, patacas, repolo, viño do país, sobremesas caseiras e...
leer másO Concello focense xunto co Club Ciclista Foz organiza o Día da Bici que se celebrará este vindeiro sábado, día 22 de setembro. A saída será ás 16:00 horas desde o Parque Infantil de Trafico. O percorrido discorrerá pola ruta das praias ata a área recreativa do río Ouro, en Fazouro.
As inscricións poden facerse desde hoxe, luns, ata o venres 21 na Casa da Xuventude focense. As persoas interesadas tamén poderán anotarse o propio día do evento, o sábado 22, desde as 14:30 ata as 15:30 horas, na saída, no Parque Infantil de Tráfico. Para inscribirse terá que facerse entrega dun quilo de produtos que se destinarán ao Banco de Alimentos.
Haberá premios para a bicicleta mellor engalanada, o mellor disfrace e os participantes máis novo/a e veterano/a.
Colaboran coa organización do Día da Bici:...
leer másDesde o vindeiro luns, 30 de abril, os xubilados empadroados en Burela poderán anotarse para participar no XX Día do Xubilado que se celebrará o 13 de maio organizado polo Concello. As inscricións faranse nas dependencias municipais en horario de 08:00 a 15:00 horas. O evento foi presentado hoxe polo alcalde, Alfredo LLano, e pola concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero.
Para conmemorar o XX Día do Xubilado do Concello de Burela terá lugar unha recepción aos xubilados na Casa da Cultura e posteriormente unha comida amenizada con música de orquestra. O Concello fará entrega aos asistentes dun detalle conmemorativo da xornada, e habilitará autobuses para o desprazamento desde a Casa da Cultura ao recinto onde terá lugar o xantar.
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, lembrou que “este equipo de...
leer más












