País Vasco
O Concello de Trabada dá continuidade ao programa Viaxa co Concello de Trabada, “unha iniciativa que conta cunha excelente acollida entre a veciñanza e que ten como obxectivo ofrecer alternativas de lecer, convivencia e descubrimento doutros territorios, sempre con todas as garantías de seguridade e organización”. Nesta nova edición o programa inclúe unha viaxe que terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo con destino a San Sebastián, Castro Urdiales, Bilbao e San Juan de Gaztelugatxe. O prezo da viaxe será de 265 euros por persoa.
O paquete inclúe seguro de viaxe, dúas noites en hotel de catro estrelas en habitación dobre, almorzos buffet de sábado e domingo, cea buffet os venres e sábados, comida o venres e o domingo, así como a entrada ao tren turístico en San Sebastián. A comida do sábado realizarase a través dunha ruta...
leer más



