Día
O Concello de Foz organiza, previo á celebración do pleno ordinario da corporación municipal deste xoves, 5 de marzo, unha concentración na praza do Concello con lectura de manifesto, con motivo do Día da Muller Traballadora.
Desde o Concello focense anuncian que “o xoves 5 de marzo ás 20.00 horas convócase a tod@s @s focegas e focegos a dar apoio e visibilidade a todas esas mulleres traballadoras que co seu esforzo, día a día, moven o país e son piar fundamental da nosa sociedade”.
Ademais explican que “a brecha de xénero é palpable en tódolos ámbitos e constitúe unha grave discriminación para todas aquelas persoas que polo mero feito de nacer muller teñen graves atrancos para ter as mesmas oportunidades que os seus compañeiros varóns. Este ano queremos facer especial mención ao eido dos coidados a persoas en...
leer másRibadeo celebrará o Día Internacional da Muller coa Gala Por Elas e Para Elas, que terá lugar no Cine Teatro o vindeiro sábado, 7 de marzo, a partir das oito da tarde. A entrada é libre e gratuíta. O evento foi presentado no salón de plenos do Concello.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “hoxe vimos presentar a acción que a Concellaría de Igualdade en colaboración co CIM, está a organizar para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Seguindo as liñas propostas este ano pola unión do feminismo galego,nas cales se decidiu situar os coidados no centro das reivindicacións deste 8 de marzo, baixo o lema Sen coidados, non hai vida... artellamos este acto a nivel local, para poñer o foco nos coidados das persoas da nosa vila”.
A edil nacionalista subliñou que “se trata dunha Gala que...
leer másA Concellería de Cultura organiza diversas actividades con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, que se celebrarán o vindeiro luns, 24 de febreiro.
Ás 12:45 horas terá lugar a colocación na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do día de Rosalía e ás 12:55 hora procederase á lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Será no salón de plenos. E ás 13:00 horas o alumnado do CEIP Vista Alegre interpretará a canción Negra Sombra, baseada na composición de Rosalía de Castro. Estarán acompañados de Óscar Fernández, guitarrista de Eu Son Band.
Ao longo da vindeira semana farase un reparto nos colexios de Burela de marca páxinas conmemorativas, que tamén estarán dispoñibles para os usuarios e usuarias que se acheguen eses días á Biblioteca Municipal, á Casa da Xuventude ou ao propio...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.
Os actos están programados para o sábado 7 de marzo.
Haberá unha cea para todas as mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas teñen ata o 6 de marzo para retirar os seus tickets na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).
Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que...
leer másA ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o Día de Rosalía o vindeiro 22 de febreiro no café bar cultural A Sacabeira.
A partir das 12:30 horas haberá unha degustación do caldo de gloria. Ás 18:00 horas a escritora Eli Ríos dará unha charla titulada "Todas as escritoras somos fillas de Rosalía de Castro?".
Para rematar o acto, a organización convida a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
O día 8 de novembro celébrase o día das librerías. O lema deste ano é “As librerías tócannos”.
Para celebralo, na Librería Bahía, terán aberto ata as 10 da noite, farán un desconto durante todo o día do 5% en todos os libros e rematarán a xornada cun coloquio ás oito e media da tarde co escritor Xavier R. Baixeras “co que falaremos sobre a novela de Tina Vallés, traducida por él e editada por Kalandraka, A memoria da árbore”.
Desde a Librería Bahía engaden que “con esta celebración queremos destacar o papel das librerías como espazos de encontro, de dinamización cultural e de descuberta do inmenso mundo que é o mundo dos libros”.
O Concello de Cervo celebra o Día Internacional das Bibliotecas agasallando libros aos máis pequenos.
Deste xeito, o alumnado do primeiro curso de infantil recibiu, da man do rexedor, Alfonso Villares, e da edil de Educación, Dolores García Caramés, o libro personalizado “Os bolechas van a Cervo”.
Villares e Caramés tamén aproveitaron a acasión para animar aos/ás nenos/as a que, se aínda non o teñen, fagan o seu carné infantil, para retirar todo tipo de libros de balde das bibliotecas municipais.
Ademais, con motivo desta efeméride, este domingo, 27 de outubro, ás 12:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral infantil “Antón e Tomasa: a cabaza encantada!”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, destacou neste día a importancia de...
leer másEste xoves, día 24, ás 12:30 horas, co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Juana de Ibarbourou e a do CEIP Juan Rey celebrarán un acto conxunto na Praza do Conde Santo onde se lerá un manifesto e O conto máis longo do mundo, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do colexio laurentino.
O Concello de Lourenzá obsequiará aos nenos e nenas participantes con agasallos conmemorativos do día.