Ibuprofeno
Continúa o Ciclo de Outono na Casa da Cultura de Burela coa obra para público adulto titulada Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro. Será este venres, día 23 de outubro, ás 21:00 horas.
O Concello de Burela explica que é “unha proposta dirixida e interpretada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, con música en directo de Macarena Montesinos. Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. O que comeza como un soño cheo de ilusión convértese en trinta anos de traballo e compromiso, lonxe do mundo”.
O prezo das entradas é de 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes a partir das 20:00 horas.
A compañía Ibuprofeno Teatro representará a obra titulada Reconversión en Viveiro este sábado, día 8 de outubro. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Esta representación ten unha duración de 100 minutos e é teatro contemporáneo para público adulto.
O autor e director da obra é Santiago Cortegoso e o elenco está formado por: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos.
O Concello de Viveiro anuncia que Reconversión “é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital...
leer más




