molde do faro

08/08/2025

O artista mariñán David Catá resultou gañador do concurso MoldeArte, convocado polo Concello de Burela, co obxectivo de seleccionar unha intervención artística para o molde do faro, no marco do proxecto Burela Alumea - O Espello do Faro. A decisión foi tomada polo xurado reunido o pasado 18 de xullo na Casa do Concello.

O Concello de Burela explica que “a proposta seleccionada, titulada La piel del mar, articula unha intervención que combina memoria, corpo, música, pintura e fotografía, coa intención de crear un espazo simbólico que conecte a comunidade co seu entorno mariñeiro desde unha perspectiva artística e contemporánea. O concurso enmárcase dentro da aposta estratéxica do Concello pola valorización do patrimonio marítimo pesqueiro local, coa intención de converter o molde do faro de Burela  nun novo punto de...

leer más