Festa de Santa Cruz
A parroquia ribadense de Ove celebrará a festa de Santa Cruz e o terceiro evento gastronómico dedicado á bola de roxós esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de maio.
As actividades comezarán o sábado ás 14:00 horas con sesión vermú amenizada polo dúo Belinda. Ás 15:00 horas haberá comida popular, para a cal o prazo de venta de tickets remata o venres 2 de maio. Despois de comer empezará a festa e verbena coa orquestra Principal e o dúo Belinda.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Ove e procesión para subir a Virxe ata Santa Cruz, acompañada pola música do grupo de gaitas Cuarteto Illa Pancha. E ás 14:00 horas comezará unha sesión vermú co trío Nuevo Ritmo.
Os organizadores do festexo destacan que haberá servizo de bar, amplo aparcamento e campo...
leer más