As nosas letras

23/04/2026

Para seguir celebrando o Día do Libro, o Concello de Alfoz organiza “unha proposta especial para todos os públicos: a maxia chega a Alfoz da man do Mago Teto con As nosas letras, un espectáculo onde os libros, as historias e a ilusión serán protagonistas”. Será este sábado, día 25 de abril, ás 19:30 horas.

Esta actividade será na Casa da Cultura de Alfoz con entrada de balde.