Escritoras

Etiquetas:
17/03/2022

O Concello de Barreiros quere mostrar á veciñanza o potencial das mulleres mariñás co programa «Barreiros con M de Mulleres». Para elo, dentro da programación que a concellería de igualdade organizou este mes de marzo co gallo do día da muller 8-M, inclúese a presentación do libro  «Resaibo amargo»da escritora barreirense Lucía Ferro. 

O acto, que terá lugar este sábado, 19 de marzo, ás 12 horas nos colexios vellos de San Miguel, será conducido pola escritora burelá Antía Yañez, unha das escritoras galegas de máis sona e que tamén falará do seu libro «Senlleiras».

 

Etiquetas:
13/10/2021

A biblioteca pública do Concello de Alfoz celebra o Día das Escritoras este venres, 15 de outubro, cun espectáculo de contacontos a cargo da compañía A Cova das letras. Será ás 13:00 horas no salón de actos de Cultura para alumnado do CEIP Castro de Ouro.

A actriz Cristina Collazo representa `Procura-se Pepa a Loba, por terra e mar´. Trátase dun contacontos interactivo onde a danza e a música se funden coa natureza, poñendo en valor a amizade e a perspectiva de xénero.

Ademais na biblioteca pública de Alfoz haberá unha selección de obras de autoras do século XX ata o 31 de outubro.