Día
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a campaña do Día da Nai, que inclúe o sorteo de vales de compra por un importe total de 400 euros e conta coa participación de 55 establecementos asociados.
Os clientes que merquen desde o 28 de abril ata o 7 de maio nos locais participantes poderán resultar premiados con un dos 5 vales de compra de 80 euros cada un que se sortearán o día 10 de maio ás doce do mediodía a través de Radio Foz.
Os establecementos que participan nesta campaña son: 100p´s Zapatería y Complementos, 5 Lobiños, Alain Afflelou Centro Óptico, Ana Fabeiro Arte Floral, Arrullos, AyN Moda Íntima, Calzados Pirde, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro de Dietética Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato,...
leer másO Concello de O Valadouro conmemora o Día Internacional da Danza o día 29 de abril.
Baixo o lema de Somos un país que baila. Disfruta. Danza o 29 celebra a xornada cunha serie de actividades coa Asociación Cultural Amado Lar e o Club de Baile Deportivo Goldance. Darán comezo ás 20:30 horas e terán lugar na Casa da Cultura de O Valadouro.
Para rematar celebrarase unha master class gratuíta de baile social a cargo de Dimas Fernández Ron, profesor da Escola Goldance.
O Centro Comercial Aberto de Burela organiza unha campaña con motivo da celebración do Día da Nai, o domingo 7 de maio.
Baixo o lema Mímate Mamá sortea 500 euros en vales de compra. As papeletas para participar no sorteo entréganse coas compras realizadas nos establecementos asociados ao CCA Burela, ata o mesmo 7 de maio.
Os vales de compra sorteados será para consumir nos sectores de Moda/Zapatería/Complementos, Hostelería, Peluquería/Estética, Relax/Spa/Masaxes e Dietética/Saúde.
O sorteo non presencial celebrarase o venres 12 de maio.
A edil delegada de Servizos Sociais, Pilar Armada, sinalou que a inscrición avanza a bo ritmo “xa son uns 400 os pensionistas do Concello que se anotaron e recordamos que o prazo remata este mesmo xoves, 20 de abril”.
Segundo avanzou Armada, ese día, ás 12:00 horas, terá lugar unha misa cantada pola Coral Terramar, no Pavillón da Veiga, e logo os participantes gozarán dun xantar na carpa que se instalará para a ocasión na Praza dos Campos.
Haberá música durante toda a tarde. A sobremesa correrá a cargo de grupo tradicional Cantares do Brión, e logo xa á tardiña será o dúo Epo-k o que recollerá o testigo para o baile.
Armada sinalou que o Concello entregará un agasallo a cada un dos asistentes e, así mesmo, outorgaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes...
leer másDesde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano un país é o patrocinador internacional do Día do Libro Infantil. Elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc.
Este ano correspóndelle a Rusia que difunde a mensaxe do poeta Sergey Makhotin e o cartel del Mikhail Fedorow. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e...
leer más












