Asemblea
Esta xuntanza estaba prevista para o pasado 28 de abril, pero a directiva da FCAM decidiu suspendela debido ao apagón que sufriu ese día o país.
No acto intervirán: José Carlos Paleo, tesoureiro na actualidade e ex presidente da Mariña Federación; Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM. Os tres explicarán a traxectoria da FCAM desde a súa posta en marcha, o traballo desenvolvido ao longo destes anos e os proxectos nos que está a traballar na actualidade para contribuír á dinamización económica da comarca e das súas empresas.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, comentou que “o vindeiro 14 de maio celebraremos a xuntanza, que nos vimos na obriga de suspender hai uns días por mor do apagón do pasado 28 de abril, xornada na que ía ter lugar este encontro”.
... leer másA FCAM (A Mariña Federación) convoca ao empresariado da comarca a unha asemblea xeral, que terá lugar o 28 de abril ás 19:30 horas no Cenima, en Foz.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é dar a coñecer o traballo que desenvolve esta entidade, e que sexa un punto de encontro para sumar a todas as asociacións de comerciantes e hostaleiros da Mariña e tamén aos colectivos de ámbito turístico ao noso proxecto”.
Cruzado Iglesias sinala: “tamén queremos contar con aquelas empresas e/ou establecementos dos municipios nos que non existan colectivos ou asociacións como ás que me refería para que saiban que na FCAM todas temos cabida en grupo ou de xeito individual e particular”.
A presidenta de A Mariña Federación lembra que “a posibilidade de convocar esta asemblea...
leer másA asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, convoca asemblea xeral ordinaria de soci@s para o día 16 de marzo, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo. Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe a renovación da xunta directiva do colectivo.
Na asemblea tamén se tratarán estes outros asuntos: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.