Semana Santa
La Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro anuncia que este jueves, día 13 de noviembre, a las 18:00 horas se procederá a la inauguración del mural de la Semana Santa de Viveiro, obra del artista local Daniel Caxete, y que “tanto interés está despertando día a día en viveirenses y foráneos, habiendo recibido por nuestra parte innumerables felicitaciones por la iniciativa. Y corroborar las múltiples fotos y vídeos que de dicho mural se vienen realizando hasta el día de hoy, prueba de la enorme expectación y admiración generada por la obra.
“La obra representa la imagen del Cristo de la Agonía, una de las más importantes de nuestra Semana Santa obra del santiagués José Rivas de 1946, no sólo por su calidad artística sino por su enorme devoción, que preside el ábside de la Iglesia de San Francisco y procesiona en nuestra Semana Santa...
leer másO Concello de Cervo anuncia que programa para esta Semana Santa actividades para todos os gustos e para todas as franxas de idade.
Este sábado, 12 de abril, a programación arrinca coa IX Foliada Nordestía organizada por A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo. Con cantos de taberna desde o mediodía, un xantar popular, diferentes actividades durante todo o día, e concertos á noitiña de Xisco Feijóo, Tumba e Dálle e A Requinta da Laxeira.
Este domingo, día 13 de abril, terá lugar a II Ruta Cabalar organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo. A saída está prevista para as 10:00 horas do pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta que será duns 15 quilómetros aproximadamente, e sesión vermú e baile no polideportivo da man de...
leer másO Concello de Burela presenta a súa programación especial para a Semana Santa, unha oferta variada de actividades culturais e turísticas que se desenvolverán entre o 15 e o 19 de abril. As propostas están abertas tanto á veciñanza como ás persoas visitantes, cun enfoque de posta en valor do patrimonio local.
Unha das principais atraccións será o Barco Museo Boniteiro, que permanecerá aberto do 15 ao 19 de abril. As visitas realizaranse en cinco quendas diarias: ás 11:00 h, 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h e 18:00 h. Esta actividade permite coñecer de preto a tradición pesqueira local e o importante papel do norte na historia da vila. As prazas poden reservarse a través da páxina web: reservasbarcoboniteiro.burela.org
No ámbito natural programáronse as XeoRutas, que permitirán explorar a costa burelá desde unha...
leer másLourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa diversas actividades: visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador, a décimo sexta edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, e o festival musical Vilou Spring Fest coa actuación da orquestra Panorama.
As visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador serán desde o luns 14 ata o sábado 19 ás 12:00 horas e o prezo é de 3 euros por persoa. Para participar hai que reservar previamente a través dos teléfonos 982.121.006, 982.147.156 ou 646.384.124 ou do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es. As entradas venderanse na Oficina de Turismo, que está no Centro de Interpretación da Faba.
O Vilou Spring Fest será o Xoves Santo, día 17 de abril no Campo dos Bolos, onde se instalará unha...
leer másDespois duns meses de baixa, o director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, volverá levar a batuta da formación no concerto de Semana Santa, que será o día 16 deste mes, mércores, ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
David Ballester anuncia esta actuación: “chega a Semana Santa e con ela o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, retomando as actuacións neste 2025. Farémolo na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás nove menos cuarto da tarde. Invitamos a toda a xente a que se achegue a este concerto na igrexa parroquial, que é un marco incomparable para este tipo de actuacións. A gran maioría das pezas serán marchas procesionais, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda de Música de Ribadeo”.
Ademais Ballester engade: “xa que...
leer másRinlo acollerá a segunda mexillonada o vindeiro 18 de abril, Venres Santo.
Dará comezo ás 12:30 horas na carpa instalada na praza de San Pedro. Haberá servizo de bar con ReyMa, de Riotorto. A amenización musical correrá a cargo de Festicultores e Alejandro Martínez.
A II Mexillonada está organizada pola asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, anima a participar nesta cita: “é unha alternativa gastronómica para a Semana Santa, que se irá consolidando pouco a pouco. O ano pasado resultou moi ben e agardamos repetir éxito neste 2025. Convidamos a veciños da contorna e a visitantes a achegarse a Rinlo o vindeiro 18 de abril”.
No acto de presentación participaron o rexedor, o conselleiro do...
leer másO Salón dos Alcaldes acolleu a presentación da Semana Santa de Ribadeo. A programación desenvolverase do 11 ao 20 de abril.
O alcalde, Dani Vega, sinalou que “a Semana de Santa de Ribadeo é moi de fe, moi espiritual e moi nosa”. Agradeceu “todo o traballo que se fai desde a parroquia” , tivo palabras de recoñecemento para a labor realizada por Salvador Fernández e subliñou que “esta é a primeira vez que a Semana Santa de Ribadeo se presenta no Concello”.
O párroco de Ribadeo, Gonzalo Varela, aludiu “ao trasfondo franciscano das Semanas Santas” e lembrou que “Ribadeo é unha vila esencialmente franciscana”. O pregón terá lugar o 12 de abril e será pronunciado polo profesor ribadense xubilado Roberto Rodríguez. O Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, presidirá o Vía Crucis o Luns Santo.
O...
leer másO Concello de Mondoñedo anuncia que “ven de presentarse o programa e cartel da Semana Santa de Mondoñedo. As celebracións comezarán o sábado día 12 de abril co pregón e rematarán o domingo día 20 coa Misa de Resurrección”.
Tamén explica que “durante toda a semana haberá procesións e celebracións relixiosas, sendo o Venres Santo, día 18 de abril, onde se concentra o groso das celebracións”.
O Concello de Barreiros, desde a Área de Igualdade, organiza un novo campamento infantil baixo o programa +Concilia Abril como medida de conciliación familiar durante o período non lectivo de Semana Santa. Trátase dunha actividade na que se ofertan 50 prazas e que se vai desenvolver no CEIP de San Cosme de Barreiros os días laborais comprendidos entre o 14 e o 21 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poderán participar todas aquelas crianzas nadas do 01/01/2013 ao 31/12/2021.
As inscricións deberán presentarse no rexistro do Concello de Barreiros en horario de 9:30 a 14:30 horas ou a través da súa sede electrónica antes de que finalice o prazo, o 2 de abril.
Participar neste programa terá un custo de 5 euros para crianzas empadroadas no concello de Barreiros e de 20 euros para as non empadroadas.
... leer másAta o día 3 de abril está aberto o prazo de inscrición nas actividades lúdico deportivas que organizan as Concellerías de Deportes e Mocidade e Benestar Social e Familia na Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. Na presentación participaron os edís Elena Sierra e Francisco José Silvent.
O concelleiro de Deportes explicou que “os días 14, 15 e 16 de abril haberá un mini campamento para nenas e nenos de 4 a 8 anos no Ceip Gregorio Sanz en horario de 10:30 a 14:00 horas. E outro mini campamento para rapazas e rapaces de 9 a 12 anos, que tamén se desenvolverá no Gregorio Sanz de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ambos contarán con servizo de programa madrugador. O martes, día 15, pola tarde de 16:30 a 19:30 terá lugar unha festa lúdica con inchables, tocador de pintacaras, glitter bar, photocall,...
leer más












