O pregón da Semana Santa de Burela será este venres, 6 de marzo, día no que tamén se presentará o cartel e se inaugurará unha exposición

Este venres, día 6 de marzo, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela celebrarase o pregón da Semana Santa desta localidade, que será pronunciado pola veciña Modesta Ben López. No mesmo acto presentarase o cartel da Semana Santa burelá deste ano 2026 e inaugurarase a exposición titulada 30 anos de historia.

A asociación organizadora da Semana Santa de Burela anuncia: “comezamos un ano moi especial. Unha noite para lembrar o camiño percorrido e abrir, xuntos, unha nova Semana Santa. Acompáñanos neste primeiro paso cara á Semana Santa 2026 porque a nosa historia escríbese cada ano entre todos”.