Cervo Concilia
O Concello de Cervo programa para este verán unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que arrincará o luns 24 de xuño e desenvolverase ata o 10 de setembro. Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas neste tempo de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias. Estenderase durante todo o período de vacacións escolares, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 20 de xuño.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, explica: “cremos que este programa, que está máis que consolidado xa no noso concello...
leer más