Ceas

Etiquetas:
02/02/2023

Acisa Ribadeo sorteará na súa campaña de San Valentín 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de dúas noites nun aloxamento a escoller entre máis de 1.500 destinos.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a campaña desenvolverase do 3 ao 13 de febreiro  no comercio ribadense. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras nos negocios asociados recibirán papeletas para entrar no sorteo de San Valentín”.

Cruzado Iglesias dixo que “vanse repartir en total 6.000 papeletas nesta campaña. O sorteo non presencial das ceas e da estancia nun hotel farase o 14 de febreiro nas instalacións de Acisa e o seu resultado darase a coñecer, coma sempre, a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.

As ceas serán nos restaurantes Galipizza, A Horta de...

leer más
Etiquetas:
04/11/2020

A FCAM pon en marcha unha campaña de concienciación para que a cidadanía adiante os horarios das ceas nos restaurantes e tamén para que leve a comida para a casa. Deste xeito o comercio da Mariña pretende apoiar ao sector hostaleiro. 

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, explica que “o que queremos desde o comercio é estar a carón da hostalería da nosa comarca nun momento que é especialmente complicado para todos. Dadas as circunstancias temos que mudar os nosos hábitos durante unha tempada, por iso apostamos por concienciar e concienciarnos da necesidade de adiantar un pouco o horario das ceas para poder disfrutar con tranquilidade das propostas gastronómicas da nosa hostalería e para volver á casa cedo, tal e como manda a normativa en vigor neste momento”.

E engade que “hai ademais establecementos de...

leer más
Etiquetas:
05/02/2020

Acisa organiza, un ano máis, a súa campaña de San Valentin baixo o slogan De corazón en Ribadeo, na que sorteará 15 ceas para dúas persoas.

As persoas que realicen as súas compras entre os días 5 e 16 deste mes de febreiro poderán atopar as rifas para participar nos comercios asociados. Os participantes deberán ser maiores de 18 anos.

O sorteo realizarase nas oficinas de Acisa o martes 18 de febreiro. Os premios non son acumulativos e ningunha cea quedará deserta. As persoas gañadoras terán ata o 20 de febreiro ás 19:00 horas para recoller o premio nas oficinas de ACISA, na rúa Viejo Pancho, 13-baixo.

Os gañadores disfrutarán das súas ceas o 22 de febreiro nos restaurantes doadores que son: O Cabazo, O Tumbín, La Solana, Voar, A Horta de San Roque, Náutico, Parador de Turismo de Ribadeo,...

leer más
Etiquetas:
30/01/2019

Acisa Ribadeo desenvolverá a súa campaña de San Valentín entre os días 2 ao 14 de febreiro. Nesta edición sorteará 19 ceas para dúas persoas, xentileza doutros tantos restaurantes da localidade. 

As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa ao longo dos vindeiros días recibirán papeletas para cubrir cos seus datos e un número de teléfono de contacto. Deste xeito entrarán no sorteo das 19 ceas. O día 15 de febreiro entregaranse, por parte dos comercios, as papeletas cubertas aos membros da oficina de Acisa Ribadeo. Ese mesmo día procederase a sortear as 19 ceas para dúas persoas. Notificaráselle ao gañador ou gañadora mediante chamada telefónica, e tras tres intentos, no período de trinta minutos, pasarase a volver a sortear no caso de non obter resposta. 

As ceas sortearanse...

leer más
Etiquetas:
06/02/2018

O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 5 ceas, para dúas persoas cada unha, na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 7 ao 14 de febreiro. Aquelas persoas que realicen as súas compras destas datas nos establecementos asociados ao CCA focense participarán en dito sorteo, que se realizará o 20 de febreiro a partir das 13:00 horas a través de Radio Foz. 

Desde a directiva de ACIA/CCA de Foz animan a realizar as compras de San Valentín nos establecementos da localidade “porque o comercio fai pobo” e recomendan que “os clientes dos nosos asociados e asociadas utilicen os puntos acumulados coa tarxeta do comercio de Foz  para os descontos”.

Ademais para celebrar San Valentín o Centro Comercial Aberto de Foz organiza a 8ª Festa da Cociña Afrodisíaca. Do 11 ao 14 de febreiro os doces afrodisíacos...

leer más