A Cabalgata dos Reis Magos en Trabada será este domingo, 4 de xaneiro

A Cabalgata dos Reis Magos en Trabada, será este domingo, día 4 de xaneiro.

Está organizada pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “a pesar de que están con moito traballiño, Melchor, Gaspar e Baltasar non queren deixar de visitarnos e pasar un anaquiño con nós, o domingo 4 de xaneiro. Ás 17:30 horas sairán da Casa da Cultura acompañados da banda de gaitas Brisas del Eo, ata o Pavillón Municipal de Deportes, onde entregarán a cada nen@ un pequeno agasallo. Por último disfrutaremos dunha chocolatada con roscón a ritmo de música tradicional”.