
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo anuncia, que tras pechar o período de recadación de colaboracións para a Cabalgata de Reis, a achega total que se realizará por parte da entidade é de máis de 5.400 euros. Esta cifra irá destinada a sufragar os gastos derivados da organización dunha nova cabalgata, que chegará este ano con numerosas novidades e cambios co obxectivo de mellorar e renovar un evento tan especial coma este. A Cabalgata de Reis, que se celebrará o 5 de xaneiro, está organizada polo Concello de Ribadeo e conta coa colaboración de Acisa.
A presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, dixo: “desde a asociación queremos expresar un agradecemento moi sincero a todas estas empresas pola súa xenerosidade e compromiso, demostrando unha vez máis que o comercio, a hostalaría e os servizos de Ribadeo están implicados activamente na vida social e cultural da vila, colaborando en iniciativas que fomentan a ilusión, a participación e o desfrute colectivo. Con esta achega económica poderase mellorar a Cabalgata de Reis, introducindo cambios e novidades que farán desta edición unha cita aínda máis especial para a rapazada e para o conxunto da veciñanza, reafirmando así o compromiso da asociación coa dinamización de Ribadeo e co apoio ás tradicións que forman parte da identidade local”.
Segundo explicou Jesús Pérez, xerente de Acisa, “do total dos máis 5.400 euros da achega económica, 1.000 euros proceden directamente dos orzamentos anuais (do ano 2026) de Acisa Ribadeo, mentres que os restantes corresponden ás achegas realizadas a través dos patrocinios e colaboracións das empresas ribadenses, especialmente das firmas asociadas, que volveron amosar o seu compromiso coa vila e coas actividades dirixidas á veciñanza e, especialmente, á infancia”.
Cruzado Iglesias indicou: “desde Acisa Ribadeo queremos agradecer de maneira moi especial o patrocinio económico das seguintes empresas, sen cuxa implicación non sería posible facer realidade esta nova Cabalgata de Reis: Xoiería Azabache, Centro Dental Pedraza Cotarelo, Bar Queimada, A Horta de San Roque, Gasóleos Abelleira, A Cova, Peluquería Boutique, La Solana e Galipizza. Estes establecementos doaron máis de 200 euros cada un deles para este impórtante evento”.
Pérez Prada engadiu: “e por suposto tamén os colaboradores: A Mariña Asesores, O Indiano Ribadeo, La Coqueta, Linares, Óptica Miró, Ferretería Morán, Farmacia Álvarez Lebredo, Perseidas, Bimba 13, Panadería Torviso, Mercería Torviso, Siñeiro Hogar, Faro Norte Comunicación, Menfer, Hola Ola, Ferrado Marelo, Opticalia, Bahía, Barallocas, Mercería Confección Susana Moreira, Galán Moda Hombre, Asador La Quinta, Mar de Rinlo, Kids&Us, Calzados La Moda, La Moda Básico, Adele, Bar Cienfuegos, Multitiendas Teresa, Bodegas Ribeirao, Mimimó, O Lar de Manolo, Bar Portillo, Electronima, Grisi, Mariscos Ribadeo, Reiriz, By Hortensia, Óptica Carreira, Araucaria, Beep Ribadeo, Autoescuela Destavai, Farmacia María Eugenia, Sanjurjo Moda, Jilgueritos, Naná, Farmacia Montserrat Iglesias, Hotel O Cabazo, Apartamentos Escuder, Asesoría Administrativa Ribadeo, Anais, Boutique Valentina, Casa Mandarina, Rosalar, Deportes Docobo, Terra Branca, Estanco La Carrilla, Xeito Decoración, La Florida, Perruquería Guedellos, DeLira e Costa Verde. Todos eles aportaron colaboracións de entre 30 e 100 euros”.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo: “desde o Concello de Ribadeo queremos agradecer e recoñecer o esforzo que Acisa realiza este ano para, entre todos, darlle unha volta importante á Cabalgata de Reis. A asociación fai unha achega de fondos propios e recadou entre as empresas de Ribadeo unha cantidade económica moi importante. Aproveito para agradecer ao tecido empresarial ribadense o seu apoio con esta tradicional cita, a máis agardada do ano polas familias, polo comercio e tamén pola hostalería. Tamén é importante destacar o traballo de todas as persoas voluntarias que levan semanas colaborando co Concello de Ribadeo preparando as carrozas, cosendo,… Estamos moi agradecidos pola súa implicación”.


