Cabalgata
O Concello de Xove, a través do Departamento de Cultura, fai un chamamento á veciñanza para colaborar no tradicional Desfile dos Reis Magos, que percorrerá as rúas do municipio o día 5 de xaneiro a partir das sete da tarde “co obxectivo principal de manter viva a maxia do Nadal no día máis especial tanto para os máis pequenos como para os maiores. Desde o departamento solicitamos a participación de persoas voluntarias que dispoñan de vestimenta ou atavíos propios destas datas, tales como pastores ou pastoras, paxes reais, elfos, personaxes de Disney ou outros personaxes infantís, para participar nas carrozas preparadas para acompañar aos Reis Magos no seu desfile polas rúas de Xove”.
As persoas interesadas en participar poden anotarse cubrindo un impreso de voluntariado na Oficina de Información Xuvenil, sendo por motivos organizativos a...
leer másO Concello de Viveiro modificará este ano o percorrido da Cabalgata de Reis, que se celebrará o luns 5 de xaneiro, “co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento, facilitar o desfrute das familias e reforzar as condicións de seguridade, especialmente no que atinxe á participación dos nenos e nenas”.
“En anos anteriores, a cabalgata realizaba un percorrido moi amplo, con saída desde Celeiro, paso por Covas e chegada á Praza Maior. Este trazado prolongábase durante varias horas, o que provocaba que a recepción final dos Reis Magos se retrasase de xeito notable e que moitos nenos e nenas tivesen que agardar en condicións pouco axeitadas, especialmente en días de frío ou mal tempo, frecuentes nesta época do ano. Ademais tratábase dun itinerario moi extenso e disperso, con tramos nos que apenas se concentraba público. Isto dificultaba tanto a...
leer másO Concello de Ribadeo e Acisa animan a participar e a colaborar coa Cabalgata de Reis 2026.
A concelleira ribadense de Comercio e Turismo, Marta Saiz, sinalou que “este ano o Concello é o encargado de organizar a Cabalgata de Reis e desde Oriente chegaron algunhas peticións das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Como todos sabemos, na tarde noite de cada 5 de xaneiro no seu paseo polas rúas de Ribadeo son acompañados por persoas, que voluntariamente axudan coas antorchas ou con outras tarefas propias dos paxes. E nesta ocasión o que nos piden son persoas adultas para converterse en paxes por unhas horas. Así que desde o Concello facemos un chamamento e animamos a veciños e veciñas a implicarse nunha das celebracións máis especiais do ano, como é a Cabalgata de Reis”.
A edil ribadense agradece “a...
leer másO Concello de Foz está pendente das previsións meteorolóxicas para que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente poidan chegar a Foz e repartir os agasallos de forma segura. Se o tempo o permite, a cabalgata sairá da Praia da Rapadoira este domingo, 5 de xaneiro, ás 18.30 horas para percorrer as súas Trapero Pardo, rúa do Mar, Paseo da Ribeira, Praza Conde de Fontao, rúa Valle Inclán, avenida da Mariña e avenida Álvaro Cunqueiro, onde sairán a saudar dende o balcón do Concello e pasarán polo belén vivinte que está na Praza do Concello. Para posteriormente trasladarse á Sala Bahía, onde recibirán a todos aqueles que queiran saudalos e facerlles ás últimas peticións. Ademais da recepción haberá chocolate e roscón, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen tamén indica que “no caso de empeoramento meteorolóxico a comitiva acudirá directamente á Sala...
leer másA Cabalgata de Reis en Lourenzá, organizada polo Concello, celebrarase este domingo, día 5 de xaneiro, desde as 17:00 horas, cando sairá do recinto feiral de Vilanova para recorrer as parroquias do concello.
Ás 19:00 horas os Reis Magos recibirán aos nen@s nos baixos da Casa do Concello.
O Concello de Burela recibe este domingo, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.
Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido rematará na praza da Mariña, onde terá lugar a recepción das súas maxestades.
Na carpa da Praza da Mariña, terá lugar unha deliciosa rosconada e chocolatada para goce de todos os asistentes. Ademais, realizarase o gran sorteo do Premio de Nadal, cun valor de 3.000 euros en vales de compra. O Concello conta coa colaboración da SRC Ledicia e de ACIA Burela na organización do evento.
“A deste domingo será unha tarde chea de maxia antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos e pequenas da casa. Animamos a toda a...
leer másDesde o Concello de Ribadeo informan que "a previsión meteorolóxica fai que se suspenda o percorrido da Cabalgata dos Reis Magos. As súas maxestades sairán do Concello camiñando ás 18:00 horas deste domingo, 5 de xaneiro, acompañados dos paxes e dirixiranse á carpa situada no parque de San Francisco para a recepción con todos os nenos e nenas de Ribadeo".
E engaden: "alí vos agardamos".
O Concello de Riotorto organiza a Cabalgata de Reis para este domingo, día 5 de xaneiro. Sairá da Casa da Cultura as 20:00 horas, fará un percorrido polas rúas do concello e chegará ó salón de actos ás 20:30 horas.
Actuarán o Coro e o Grupo de Gaitas de Riotorto e haberá un agasallo para tódolos nenos. A continuación servirase un chocolate e roscón de Reis para os asistentes, totalmente gratuíto.
Aquelas persoas que desexen colaborar na cabalgata deben chamar ó Concello (teléfono 982.34.62.22).
O Concello de Viveiro anuncia que este domingo, día 5 de xaneiro, “Viveiro acollerá a súa tradicional Cabalgata de Reis, unha das citas máis esperadas do Nadal. Virá acompañada doutras actividades pensada para todos os públicos. A xornada comezará ás 12:00 horas co Roteiro de Nadal no tren turístico Vivertren, que sairá da estación de autobuses. A actividade será de entrada libre ata completar aforo. A gran cita do día, a Cabalgata de Reis Magos, arrancará ás 17:30 horas dende a Piscina Municipal, en Celeiro. O percorrido da Cabalgata incluirá o Paseo Marítimo en Celeiro, Covas, a Variante, a Avenida de Ferrol e a Travesía da Mariña. A Cabalgata chegará á zona vella de Viveiro pola Porta de Carlos V, e os nenos e nenas participantes na cabalgata baixarán á Fonte de Area. A chegada dos Reis Magos á Praza Maior está prevista para as 20:00 horas, e dende ás 18:00...
leer másO Concello mindoniense anuncia: “achéganse os Reis Magos a Mondoñedo, o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. Xa podedes consultar os horarios de paso das súas Maxestades polas parroquias”. Comezarán o percorrido ás 09:30 horas en Pelourín e Cesuras para continuar por Estelo e Tronceda, Figueiras, ponte de Viloalle, Couboeira, Oirán, Masma, Vilamor, O Carme, Lindín, Santa María Maior, Argomoso, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen as 14:45 horas.
O Concello de Mondoñedo engade que “á tarde visitarán a Residencia San Rafael e o Hospital de San Pablo. Ás 19 horas os Reis Magos recibirán con agasallos a todas as nenas e nenos no auditorio municipal. E, para rematar, a AC Pasatempo ofrece unha chocolatada na entrada do auditorio”.












