Lodeiro
A segunda edición da Festa do Antroido en Viveiro celebrarase o día 16 de febreiro, luns, en Lodeiro, onde se instalará unha carpa xunto ao Centro de Saúde.
Este evento está organizado polo colectivo Viveiro en Festas, que anuncia: “a cea (menú de cocido) ten un prezo de 40 euros e o baile correrá a cargo do dúo Estrellas e Discomóvil Olympo. Moito ollo, que este ano hai previa desde as 20:30 horas. Tamén haberá concurso de disfraces, sorteos e algunha sorpresa máis, así que xa podes ir dándolle á cabeciña. Se o cocido non é o teu, non pasa nada, podes ir só á festa. Desde as 0:00 horas podes gozar do Antroido por 6 euros (incluída consumición). Para facer a reserva de mesas e conseguir as entradas podes completar o formulario da seguinte ligazón:...
leer másO municipio de Viveiro celebrará o Samaín con actividades que se desenvolverán esta fin de semana, concretamente o venres 31 de outubro e o sábado 1 de novembro.
O Concello de Viveiro anuncia: “temos dúas propostas cheas de maxia, medo e diversión para toda a familia: o venres 31 de outubro, tarde de Samaín na Praza Maior de 19:00 a 21:00 horas, con fotomatón, música polas rúas e reparto de caramelos nas tendas asociadas ao Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Ademais ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, o contacontos A Corva, con Cristina Collazo, para pasalo de medo! E o sábado 1 de novembro, I Festa de Samaín en Lodeiro, con entrada de balde; haberá sesión infantil dende as 17:30 horas, chocolate con churros, concursos de cabazas e disfraces, música con DJ e entrega de premios; e sesión adulta dende as 00:00 horas,...
leer más




