Cabalgata

03/01/2025

O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente acaban de comunicarnos a súa visita a Barreiros. Virán o domingo 5. E xa comezarán a visitarnos pola mañá para que lles dea tempo a chegar a todos os recunchos. Lembrade que as horas son aproximadas, que os Magos andan atarefados ese día”.

O percorrido empezará no local social de Vilamar ás 10:15 horas, para continuar polo local social de Cabarcos, a Escola de Gondán, o Teleclub da Rilleira, o local social de San Xusto, o Teleclub de Vilamartín Grande, a Escola de Vilamartín Pequeno e a Escola de Reinante, a onde está previsto que cheguen ás 13:30 horas. E pola tarde percorrerán San Cosme desde a Praza do Concello as 17:30 horas ata o Centro Social, a onde se prevé que cheguen ás 19:00 horas e alí haberá recepción e reparto de agasallos.

“Se aínda non...

leer más
02/01/2025

A Cabalgata dos Reis Magos no Valadouro celebrarase este domingo, día 5 de xaneiro, desde as 19:00 horas, cando será a recepción oficial na Casa do Concello. Despois empezará o percorrido, que pasará pola praza e a ponte ata o belén da Casa da Cultura. Alí actuarán os nenos e nenas da AC Amado Lar e a continuación todos os nen@s poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas no buzón real.

Ao rematar haberá degustación de chocolate con roscóns.

02/01/2025

O Concello da Pontenova anuncia que a cabalgata do Reis Magos será este domingo, día 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas, cando será a saída desde a Praza dos Fornos.

As súas maxestades de Oriente farán un percorrido pola localidade que rematará no salón de actos da Casa da Cultura, a onde está previsto que cheguen ás 19:00 horas.

Etiquetas:
02/01/2025

A Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz será este domingo, día 5 de xaneiro, e empezará ás 16:00 horas na Casa da Cultura.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a tarde do 5 de xaneiro teremos unha visita moi especial, os Reis Magos de Oriente pasarán polo concello de Alfoz. A cabalgata pasará polas diferentes parroquias. Os reis, xunto cos seus paxes, escoitarán e recollerán as cartas dos máis pequenos e pequenas. O percorrido rematará no Castelo de Castrodouro, onde os nenos e nenas poderán tamén depositar a súa carta, conversar coas súas maxestades e desfrutar dun chocolate quente con biscoito”.

02/01/2025

Os Reis Magos visitarán Trabada e percorrerán a localidade este sábado, día 4 de xaneiro, desde as 18:00 horas.

Esta cabalgata está organizada pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “a pesar de que están con moito traballiño, Melchor, Gaspar e Baltasar non queren deixar de visitar o noso pobo para ver as cariñas de emoción de pequenos e grandes e saber qué pedirán para o gran día. Sairán da explanada do centro de saúde ata o Pavillón Municipal, acompañados de música tradicional. Farán unha paradiña para visitar aos maiores da residencia e dende alí seguirán o seu percorrido ata o Pavillón, onde entregarán a cada pequen@ o seu agasallo. Por último disfrutaremos dunha chocolatada con roscón”.

Etiquetas:
04/01/2024

Os Reis Magos chegan a Foz cumprindo o convenio que asinaron no 2020 co alcalde, Fran Cajoto. “Sempre cumpren co acordado e o ano que vén tocará renovar este convenio para que continúen acudindo á cita”, explica o rexedor municipal. O percorrido sairá ás 18.30 horas do Paseo da Rapadoira, pasando pola praza Conde Fontao, a rúa Valle Inclán, a avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro ata chegar ao consistorio, momento no que as súas maxestades pasarán polo Belén vivinte, que se realiza coa colaboración do Colexio do Pilar, e saudarán dende o balcón do Concello. Os Reis desprazaranse ata a Sala Bahía, na que se realizará a tradicional recepción con chocolatada con churros e roscón.

A delegación de Cultura agradece a implicación de todos as veciñas e veciños que axudan, así coma os establecementos da vila Xoyma, Anduriña, Amarena e Churrería...

leer más
Etiquetas:
04/01/2024

Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro: ás 19:00 horas sairá a comitiva oficial desde o local social do parque Concepción Arenal cara o Belén Vivinte, situado na Casa da Cultura, pasando pola praza de Santa María, A Ponte, Avenida de Viveiro, ... Nenos e nenas do Valadouro realizarán unhas ofrendas no Belén Vivinte.

Despois da recepción oficial farase entrega da chave do concello para que as súas Maxestades podan acceder con maior comodidade ós fogares dos veciños. Ó rematar poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas en cadanseu buzón. Entre todos os asistentes repartiranse porcións de roscóns e chocolate.

Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro e colabora a asociación cultural Amado Lar, do Valadouro.

... leer más
Etiquetas:
04/01/2024

O Concello de Burela recibe mañá venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias. 

A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.

“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.

No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o...

leer más
03/01/2024

Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán Barreiros desde as 10 da mañá acompañados de panxoliñas a cargo do alumnado de Sinfónico no Rural e repartirán agasallos.

Melchor, Gaspar e Baltasar viaxarán miles de quilómetros para achegarse a distintos lugares de Barreiros (Reinante, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira, Cabarcos, Vilamar e San Xusto) antes de facer o seu percorrido en coche de época polos barrios de San Cosme, previo á recepción, que terá lugar ás 20:00 horas no centro sociocultural.

Etiquetas:
02/01/2024

Os Reis Magos visitarán A Pontenova este venres, 5 de xaneiro, e lanzaranse na Tirolina das Minas ás 17:30 horas. Para as 18:00 horas está prevista a súa chegada á Praza dos Fornos.

A Cabalgata de Reis na Pontenova está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello.