Avelino González
01/07/2025
Este domingo, día 8 de xullo, ás 19:00 horas regresa a Vilamartín Pequeno o programa cultural A Voltas cos Contos, posto en marcha polo Concello de Barreiros co afán de achegar actividades culturais ás parroquias do interior. O actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos e di que, “mudaron as formas pero non o fondo. Trátase de entreter e facer rir. Son contos sacados da tradición que foron cambiando e actualizándose e son moi modernos! Por iso mola contalos hoxe porque son bos. E así seguimos rindo unha risa que se vén rindo hai moito tempo”.
O programa está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.