Os Reis Magos farán un percorrido por Barreiros o luns 5 de xaneiro desde as 10:30 horas

Os Reis Magos farán un percorrido polo municipio de Barreiros o día 5 de xaneiro, luns, desde as 10:30 horas.

O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente confirmáronnos que volven percorrer Barreiros este luns para achegarnos toda a súa maxia e ilusión. Pola mañá, desde as 10:30 horas, visitarán algunhas das parroquias nas que non van estar pola tarde: comezarán o percorrido en Reinante para continuar por Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Cabarcos, A Rilleira, San Xusto e Vilamar. E pola tarde percorrerán San Cosme, saíndo ás 17:00 da Praza do Concello, para chegar ás 18:00 horas ao Centro Social. Alí farán a tradicional recepción e reparto de agasallos para todas as nenas e nenos que acudan. Non faltedes e, sobre todo, non esquezades ter todo preparadiño para a noite!”.