
A Cabalgata dos Reis Magos en Mondoñedo, que se celebrará o luns 5 de xaneiro, comezará na refuxio de Argomoso ás 09:30 horas. O percorrido continuará por Lindín, Santa María Maior, O Carme, Vilamor, Masma, Oirán, Couboeira, Viloalle, Figueiras, Estelos, Cesuras Pelourín, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen ás 15:00 horas.
E desde as 17:00 horas farán un itinerario pola cidade que comezarán ás 17:00 horas na Residencia San Rafael e continuará polo Hospital San Pablo, percorrerán o centro histórico e rematarán cunha recepción no auditorio municipal Pascual Veiga ás 19:00 horas. Despois haberá chocolatada, ofrecida pola Asociación Cultural O Pasatempo.


