Castrexa
Burela celebrará este venres por segundo ano consecutivo a noite do San Xoan Castrexo con unha festa organizada pola Asociación Burela Castrexa, que tamén se encarga dos actos conmemorativos da “X Festa Castrexa”.
A noite de San Xoan celebrarase con unha parrillada popular a carón da praza do Concello, con sardiñada e churrascada ao prezo de 10 euros cada ración. A venda anticipada dos tickets remata este mércores 21 de xuño ao prezo reducido de 8 euros cada ración, e pódense adquirir en Gráficas Arfe, Perruquería Campón, Suministros Rol e Óptica Afflelou Burela.
A programación do venres de San Xoán comeza ás 20:30h co concerto gratuíto de “A Banda da Loba” na praza do Concello, e rematará de madrugada coa actuación da Orquesta Origen e de Dj Litainer.
Para amenizar a cea celebrarase unha...
leer másDesde a asociación Burela Castrexa sinalan: “segue a conta atrás: faltan 5 semanas para a IX Festa Castrexa en Burela. ¿Estades preparados? ¿Xa tedes os voso Clan creado?? Abrimos prazo de inscrición para os clans: este ano a participación é totalmente gratuíta, pero obrigatoria para poder participar nunha nova edición dos Xogos Castrexos e da Busca do Torques. E tamén é necesaria para axudar a que medre a nosa Familia Castrexa despois de 2 anos de sombras”.
E engaden: “porque dentro de 5 semanas Burela Castrexa rexurde para celebrar 3 días máxicos a partir da noite de San Xoán...Apuntade xa o voso clan por correo electrónico festacastrexaburela@gmail.com en Óptica Afflelou Burela ou contacta con calquera dos membros da Asociación Burela Castrexa”.
A comisión organizadora, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta tarde a VIII Festa Castrexa que terá lugar os días 28 e 29 de xuño. Durante estas xornadas haberá desfile de clans, teatro e xogos castrexos, queimada popular, exhibición de cetrería, espectáculos na rúa, mercado castrexo, gastronomía e música, entre outras actividades.
Alfredo Llano invita “a todo o mundo, tanto de Burela como da comarca da Mariña e de toda Galicia a que se aproximen este venres e este sábado para poder apreciar a festa castrexa que facemos aquí cunha grande vistosidade. O venres temos un importante desfile e ao día seguinte temos xogos e infinidade de actividades atractivas e suficientemente motivadoras para que nos veña a ver moita xente a participar ou polo menos observar e disfrutar desta cita”.
... leer másA Asociación Burela Castrexa, que desde este ano toma o relevo de Acia Burela na organización da Festa Castrexa de Burela, ven de presentar no Concello de Burela o programa completo de actividades desta sétima edición, que se celebrará en Burela entre o 6 e 7 de xullo.
Unha das principais novidades deste ano consiste en converter a Praza da Mariña nun Pobo Castrexo, coa recreación vivinte dun castro con personaxes e traballos reais da época, talleres artesanais, exposicións de pieis, armas e tamén cunha zona de xogos infantís.
O castro vivinte será un dos maiores reclamos para os visitantes, xunto co Desfile de Clans, que na noite do venres percorrerá as rúas de Burela desde a zona da gasolinera ata a Praza do Concello. Este ano auméntase o número de premios para as mellores caracterizacións no desfile, con...
leer másDo 14 ao 16 de xullo celébrase en Burela a VI Festa Castrexa. Entre as diferentes actividades que figuran no programa hai un sorteo de 1000 euros en vales de compra entre aqueles que fagan as súas compras no Centro Comercial Aberto ata o xoves 13 de xullo. O sorteo terá lugar o sábado pola noite, durante a actuación da orquestra, e se o gañador non está presente o premio redúcese a 500 euros.
Dende o venres ao domingo celébrase o Mercado Castrexo nas rúas Pardo Bazán e Eijo Garay, das 11:00 ás 24:00 horas. Haberá obradoiros de artesáns e atraccións infantís.
O venres 14 a partir das 21:30 horas, terá lugar o desfile dos clans castrexos desde a rúa Camiño Real ata a praza do Concello. A participación é libre pero só optan a premio os clans que estean inscritos. Ao remate do desfile celebrarase unha cea de irmandade na praza do...