O luns 5 de xaneiro haberá cabalgatas dos Reis Magos en San Ciprián e Cervo

O luns 5 de xaneiro haberá cabalgatas dos Reis Magos en San Ciprián e Cervo.

O Concello de Cervo anuncia que ás 18:00 horas comezará o percorrido por San Ciprián e haberá recepción na carpa da Praza dos Campos, coa actuación do Grupo Folclórico Mistura de Lieiro. Ademais repartiranse chocolate con biscoito e bocadillos de salchicha na Praza dos Campos da man da comisión de Festas da Santa Isabel de Lieiro. Esta cabalgata de Reis conta coa colaboración da Asociación Mulleres de San Ciprián e a ANPA Península da Paz.

E ás 19:30 horas comezarán o percorrido por Cervo e haberá recepción na Praza do Souto. Os Reis Magos e tamén as crianzas lerán as cartas cos seus desexos e actuará o grupo Milicrocas, as pequeñas cantareiras de Airiños Xunco, asociación que organiza esta cabalgata.