promocional
A campaña Merca no teu Comercio chega a Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros. Entre o 1 e o 15 de setembro de 2025 terá lugar esta iniciativa publicitaria e promocional da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Industriais e Autónomos de Lourenzá.
A Federación Galega de Comercio explica que “o obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo celebraranse 10 actuacións, englobando 22 localidades ata o mes de novembro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios. Poderán participar nesta campaña de Merca...
leer más