Abril
A Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela organiza a Feira de Abril. Será desde este xoves, día 18, ata o domingo 21 en doce locais hostaleiros.
Haberá xornadas gastronómicas, con tapas a 3 euros, e entre os participantes sortearán dous premios de 300 euros en vales de compra.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros representará a obra de teatro "O traballo de Andrea" o día 20 de abril, sábado, ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Valadouro. A entrada é de balde.
Esta obra teatral é orixinal de Ignasi García Barba e foi adaptada por Ramón Casas Oroza.
Sarabela Teatro chega o 12 de abril a Viveiro ás 20:30 horas coa comedia Made in Galiza.
Sinopse
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da". Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de...
leer másO Concello de Burela e a Deputación de Lugo organizan dúas charlas no marco do programa Xunt@s da institución provincial: o mércores 10 de abril ás 17:00 horas no salón de conferencias haberá unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables; e o xoves 11 ás 18:00 horas, tamén no salón de conferencias, terá lugar unha xornada sobre envellecer de forma activa.
O programa Xunt@s da Deputación pretende impulsar a participación cidadá e o asociacionismo na provincia.
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo Depende, do actor Sergio Pazos, o domingo 7 de abril ás 20:30 horas.
As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, están á venda na web https://lagranentrada.com/.../sergio-pazos-depende-en...Tamén se poderán mercar na Casa do Viejo Pancho e na taquilla do auditorio o día da actuación.
O coñecido actor Carlos Blanco ofrecerá un monólogo en Burela o sábado 6 de abril. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.
As entradas están á venda anticipadamente na web www.ataquilla.com a un prezo de 12 euros. E tamén poderán mercarse o día da actuación no despacho de entradas da Casa da Cultura a 15 euros.
Foz acollerá a vindeira semana dúas charlas: unha sobre nutrición o mércores e a outra sobre envellecemento activo o venres. Son gratuítas e terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.
A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explica que “a Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s na provincia de Lugo. Neste caso o Concello de Foz colabora coa Deputación desenvolve o programa no noso municipio con diversas charlas, actividades formativas e de lecer”.
Ana Rojo anuncia: “comezamos estas xornadas coa charla do día 3 de abril, mércores, sobre nutrición, alimentación equilibrada e saudable, poñendo en énfase hábitos saudables e de cómo alimentarse en diferentes situacións da vida, dando pautas nutricionais a seguir baixo a presenza de enfermidades asociadas a esta etapa do ciclo...
leer másHostaleiros de Ribadeo e Acisa acudiron á xuntanza convocada hoxe polo Concello para preparar o Ribadeo de Tapeo, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril.
No encontro participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, así como as técnicas da Área de Desenvolvemento Local do Concello, organizador deste evento gastronómico.
O obxectivo do Concello era coñecer as inquedanzas, as suxestións e as opinións do sector sobre aqueles aspectos a mellorar.
Marta Saiz manifestou que “escoitando á hostalería é como se mellora e se innova no Ribadeo de Tapeo. E iso foi o que fixemos esta mañá falar, coñecer a súa opinión e mudar a data desta cita, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril. De aquí aló queda moito traballo por diante”.
A ópera de primeiro nivel volve á Mariña. Será o vindeiro 2 de abril cando os amantes deste xénero poderán gozar de El barbero de Sevilla no auditorio de Burela, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés dixo que “desde a Concellería de Cultura de Burela queremos anunciar que por fin está confirmada a presenza aquí dunha ópera. Será o día 2 de abril, domingo, ás sete da tarde”.
Díaz subliñou que “a verdade é que custou moito esta vez poder convencelos para que actúen en Burela porque están limitándose a cidades grandes, con teatros de moito aforo, para cubrir gastos. Unha das razóns é que antes a ópera facíase con actores ucranianos ou de Moldavia e a orquestra tamén era destes países; e agora, cos problemas que todos coñecemos, xa non pode ser así e as orquestras están compostas...
leer másBurela estará presente na vindeira Feira de Abril en Sevilla. Alí fará promoción turística. O Concello foi elixido para acudir a esta cita polo Lar Gallego da capital andaluza, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro Ramiro Fernández Rey.
O edil de Turismo explicou que “fomos elixidos este ano para participar na Feira de Abril, de Sevilla, por unha invitación que nos fai o Lar Gallego de Sevilla para dedicar ao concello de Burela esta edición do evento no que se refire á súa caseta. A nosa participación vai consistir basicamente nunha promoción turística de Burela na Feira de Abril. A caseta do Lar Gallego vai estar decorada con fotos e pinturas de Burela”.
Fernández Rey dixo: “entendemos que é unha maneira estupenda de promocionar Burela e desde logo estamos agradecidos ao Lar Gallego por elixir a Burela para...
leer más