Os Reis Magos visitarán Celeiro de Mariñaos (Barreiros) o 5 de xaneiro e haberá un espectáculo infantil

Os Reis Magos visitarán Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, o día 5 de xaneiro, luns, e haberá o espectáculo infantil Quack Circus.

O evento, que empezará ás 17:00 horas nas Escolas, está organizado pola asociación Irmandade San Caetano, que anuncia: “chegan os Reis Magos e, como xa é tradición, deixaranse ver en Celeiro ás 5 da tarde e, unha vez se despidan para seguir polo longo camiño que teñen que facer, teremos un espectáculo circense para pequenos e grandes acompañado dunha espectacular chocolatada e roscón”.