
A asociación veciñal da parroquia ribadense de A Devesa anuncia que este sábado, día 17 de outubro, ás 19:30 horas o local social (Círculo Habanero) acollerá unha nova sesión dos Seráns de Teatro, coa actuación do Grupo de Teatro A Adala de Fazouro (Foz), que representará a obra titulada Ai Señor, Señor.
“Unha estupenda oportunidade para gozar dunha tarde de teatro, humor e cultura coa nosa xente e coa compañía teatral de Fazouro”, explica o colectivo veciñal de A Devesa, que engade: “agardámosvos para compartir unha agradable xornada de teatro e diversión”.


