O grupo teatral A Adala, de Fazouro (Foz), actúa en Ribadeo este sábado, 8 de novembro

O grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Unha morta moi viva este sábado, día 8 de novembro, ás 19:30 horas no local social da Comunidade de Montes de Santa Cruz, na parroquia ribadense de Ove.

É unha actividade incluída nos Seráns de Teatro que organiza o Concello de Ribadeo.