Vieiro

Etiquetas:
26/11/2025

As festas de Santa Bárbara, na parroquia de Vieiro (Viveiro), celebraranse o día 6 de decembro, sábado.

O Concello de Viveiro anuncia: “volve unha das celebracións máis queridas da nosa parroquia. O sábado 6 de decembro Vieiro encherase de música, tradición, boa comida e moito ambiente. Procesión, sesión vermú, xantar popular, baile de tarde e un fin de festa por todo o alto! Un día completo para gozar en comunidade, pensado para todas as idades e organizado coa ilusión de sempre pola Comunidade de Montes de Vieiro”.

Etiquetas:
13/12/2024

Este sábado, día 14 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Social de Vieiro terá lugar a primeira actuación do programa Concertos das Parroquias organizado polo Concello e o Conservatorio de Música de Viveiro, titulado Voz e Instrumentos.

Participarán Amigos do Folk, Jamape, Saleta Couceiro, Pedro Cora, Angelilla Requejo, Rubén Estébanez, Dolores Fernández e Guillermo Vilar.

Xesús Chao da Silva encargarase da apertura do acto, que será presentado por Roque A. Barreiro Fanego

Nesta actividade do Concello de Viveiro colabora a Aula de Adultos do Conservatorio de Música de Viveiro Asociación Melomanía.

03/09/2024

A parroquia viveirense de Vieiro celebra a súas festas na honra de San Cipriano desde o día 20 ata o 22 de setembro.

O venres 20 haberá churrascada a partir das oito e media da tarde, ao prezo de 5 euros a ración, e despois terá lugar unha verbena amenizada por Loa Adrianos, de Asturias, e José M., da Orquestra Abanico.

O sábado 21, a unha da tarde, celebrarase unha misa seguida de procesión e sesión vermú a cargo de Mar de Arousa. Á noite haberá verbena coas orquestras La Fórmula e Mar de Arousa.

E o domingo 21 á unha da tarde terá lugar unha misa seguida de sesión vermú co dúo Belinda.

O Concello de Viveiro colabora na organización destes festexos.