Emigración
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “Ribadeo xa está preparado para o Indiano 2024, unha edición chea de actividades para que un ano máis o Ribadeo Indiano sexa inesquecible”.
A edil ribadense contou que “hoxe ás sete da tarde terá lugar o pregón a cargo de Pilar Cagiao Vila, profesora titular de Historia de América da USC, seguidamente a nota musical vaina poñer o noso queridísimo Coro Sagrado Corazón. Por suposto, acompañados do enxebre cuarteto tradicional Illa Pancha baixaremos recibir aos indianos ao peirao de Porcillán, representados polo noso queridísimo Grupo de Teatro de Ribadeo. E desde logo non faltarán nesta velada música e verbena”.
Saiz relatou que “mañá, sábado, será como sempre o día máis dinámico en canto a actividades. Haberá conferencias, torneos, visitas teatralizadas, obradoiros...
leer másTrátase de "Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba" escrito polo historiador Prudencio Viveiro Mogo.
A presentación será o 12 de xaneiro ás 20 horas na Casa da Cultura de Alfoz.
Ofrece unha panorámica xeral da emigración do Valadouro e de Alfoz en Cuba, que xunta unha colección de textos fundamentais para documentar a presenza dos valadourenses na Habana.
O Caderno nº 13 xa foi presentado o pasado 29 de decembro no Valadouro.
Colabora a Concellerías de Cultura do Valadouro e de Alfoz.
O Concello de Ourol presenta a exposición “O soño cubano da emigración galega”, cedida polo Consello da Cultura Galega con motivo da Ruta Indiana durante os días 3, 4, 5 e 6 de agosto no edificio multiusos.
A exposición poderá visitarse o 3 e o 4 de agosto entre as 11 e a 13 horas e de 17 e as 19 horas. Para o fin de semana, días 5 e 6 de agosto, o horario aumenta de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. A entrada é libre e gratuita.
A exposición trata de narrar e recrear as fases e facetas principais da epopea migratoria que tivo lugar en tantos lugares desta terra. Así pois, poderá coñecerse dende a chegada dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando por asociacións que crearon. Tamén, existe o apartado da situación das mulleres inmigrantes así como publicacións e proxectos políticos para Galicia que...
leer másA emigración é a protagonista do mural que se pode ver xa na praciña da Fonte Nova, en Ribadeo. Estampas do retorno é un novo traballo do afamado artista de orixe ribadense Joseba Muruzábal.
Ao acto de inauguración asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente, Cultura e Turismo, Jorge Díaz, Pilar Otero e Pablo Vizoso, ademais do xerente de Acisa, Jesús Pérez.
O mural é unha das actividades das vésperas do Ribadeo Indiano, que arrincará mañá, venres, e se prolongará ata o vindeiro domingo, 10 de xullo.
Joseba Muruzábal, de nome artístico JOSEBA MP, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e hoxe en día é un dos máximos expoñentes deste tipo de traballos artísticos e os seus deseños xa os hai en moitas vilas. En Ribadeo participou en tres...
leer másA asociación CULTURA DO PAÍS, (colectivo con base en Lugo que conta cun grupo activo de socios na comarca do Valadouro) organiza a presentación do libro Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana, de Prudencio Viveiro Mogo, publicado por Edicións Laiovento o pasado mes de setembro.
O acto terá lugar o vindeiro sábado, 30 de outubro, ás 19:00 horas, no Castelo do Castrodouro de Alfoz. Intervirán, amais do propio autor: Ruth Rodríguez Bermúdez (presidenta de Cultura do País), quen presentará o colectivo no municipio alfocés, pois é a primeira actividade que se desenvolve neste municipio, e a seguir o escritor alfocés Lionel Rexes presentará a Prudencio Viveiro.
Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana é un estudo sobre a sociedade de emigrantes “El Valle de Oro...
leer másO vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces.
Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.
As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.
A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.