Limpeza
Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de concienciación cidadá "1m2 contra a basuraleza".
Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.
O vindeiro sábado, 12 de xuño, farase unha limpeza da praia e da contorna do Río Xunco ao mesmo tempo recolleranse datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao covid-19.
As persoas interesadas en...
leer másUn ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá "1m2 polas praias e os mares".
Trátase dun proxecto que se desenvolverá en ata 115 puntos costeiros e fondos mariños entre o 26 de setembro e o 4 de outubro co obxectivo de obter datos sobre a "basuraleza" que inunda a costa española.
O proxecto Libera chega a Cervo o 1 de outubro ás 17:00 horas. O punto de encontró será na praia da Caosa, onde dará comezo unha limpeza das praias ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. A actuación será tamén no areal de Portelo.
Subministrarase no punto de encontro todo o material...
leer másO 11 de novembro terá lugar unha limpeza simultánea de praias de Galicia. Trátase dunha actividade que organizan Adega e a Universidade de Vigo. En Ribadeo actuarase no areal das Catedrais, segundo informan desde a Concellería de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño.
As persoas que desexen participar nesta iniciativa, coa que colabora o Concello de Ribadeo, deben dirixirse a adegalugo@adega.gal ou ao teléfono 686 11 87 22.
O encontro para proceder á limpeza da emblemática praia das Catedrais será no aparcamento do areal o 11 de novembro (sábado) ás 15 horas. Esta tarefa prolongarase ata as seis da tarde.
No protocolo para a limpeza dos areais, elaborado por Adega e a Universidade de Vigo, subliñan que “a costa galega conta con innumerables...
leer más