Roteir
Aproveitando a chegada da Semana Santa e con ela a de miles de turistas a Ribadeo a Concellaría de Turismo pon en marca o vindeiro xoves, 29 de marzo, unha serie roteiros guiados polo monumento natural da praia das Catedrais, “considerando esta actividade como un reclamo e atractivo turístico máis dentro da nosa oferta de lecer, tratando así, de por en valor o noso patrimonio”, anunciou a edil Ana Martínez.
A concelleira de Turismo engadiu: “é por iso que desde este departamento desexamos incorporar este ano unha nova actividade que redunde na calidade, diversidade e vistosidade do noso patrimonio. Trátase duns 13 roteiros guiados polo monumento natural da praia das Catedrais, a través dos cales se mostrarán os aspectos históricos, culturais, etnográficos, xeográficos, naturais e mitolóxicos relacionados cos lugares polos que se discorre....
leer más