Balonmán

31/08/2024

A primeira edición do torneo de balonmán 5x5 Concello de Viveiro celebrarase o sábado 7 e o domingo 8 de setembro no Pavillón Municipal de Viveiro, no cal participarán rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos en dúas categorías: sub 12 e sub 16.

Está organizado polo Club Balonmán Viveiro e o torneo é de participación libre. A data límite de inscrición dos equipos é o domingo 1 de setembro.

 

Etiquetas:
13/08/2023

O areal de Lago, no municipio de Xove, acollerá un curso de iniciación ao balonmán praia desde o mércores 16 ata o venres 18 de agosto de 16:00 a 20:00 horas.

Está actividade, que é totalmente gratuíta, está dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos.

Está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.