Dúas serán as xornadas nas que estará pechada ás visitas a praia das Catedrais (Ribadeo) por unha rodaxe en xullo: os días 15 e 16

Dúas serán as xornadas nas que estará pechada ás visitas a praia das Catedrais para unha rodaxe en xullo: os días 15 e 16. Así llo comunicou a Xunta ao Concello de Ribadeo.

O alcalde, Dani Vega, asegurou este martes que “a Xunta enviará as comunicacións a todas as persoas que poden expedir pases para visitar As Catedrais: taxistas, hoteis, etc… para que saiban que se van liberar as autorizacións para poder acceder ao areal os días 14 e 17 de xullo”. Este mércores, 8 de xullo, será cando se proceda a abrir de novo esas datas.

O rexedor explicou que “Amazon Prime solicitou catro días de peche da praia das Catedrais, pero a Xunta desde o primeiro momento lle dixo que tiña qué aclarar qué dúas xornadas exactamente ían ser. Procedeu a bloquear catro datas ata ter a confirmación exacta por parte da empresa, pero só estaba aprobado o peche para dúas datas, que serán o 15 e o 16 de xullo”.