Federico Mediante

06/11/2025

Dous libros escritos por Federico Mediante Noceda, titulados Flores de Sombra e A orillas del Pilcomayo, serán presentados en Ribadeo este sábado, día 8 de novembro, ás 20:00 horas Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.

O acto contará con intervencións do xornalista Martín Fernandez Vizoso, do editor da publicación, Antonio Andina Penabad, de Eoditorial; e de Ana Martínez Loredo, neta do autor.

09/12/2024

O libro titulado “Federico Mediante. El Salgari español”, escrito por Ana Rosa Martínez Loredo, será presentado en Ribadeo este martes, día 10 de decembro.

O acto será ás 20:00 horas na Casa do Concello de Ribadeo, concretamente no Salón dos Alcaldes, e intervirán Pablo Rodríguez Fernández (libreiro e investigador de emigración), o xornalista Martín Fernández Vizoso; o editor, Antonio Andina Penabad; e Ana Rosa Martínez Loredo (autora e neta do escritor Federico Mediante).