Iniciativa

06/10/2026

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, participaron en Mondoñedo na presentación de O son das campás no Camiño, unha iniciativa impulsada pola Asociación O Camiño Norte co apoio de Turismo de Galicia.

A Xunta de Galicia explica que O son das campás no Camiño “naceu coa vontade de fomentar o asociacionismo, a colaboración cidadá e a participación dos distintos axentes locais, recuperando unha tradición vinculada á historia e á identidade de Mondoñedo. Ao mesmo tempo, pretende converter o patrimonio sonoro local nun novo atractivo para as persoas que percorren o Camiño do Norte. O proxecto recupera o significado que historicamente tiveron as campás como elemento...

leer más
Etiquetas:
21/03/2020

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove quere poñer o seu grao de area “ante esta situación tan desesperante”. Por este motivo acaban de poñer en marcha a iniciativa Coas nosas cores buscamos o teu sorriso. 

Desde o Concello explican que “esta iniciativa xurde despois de darlle voltas á maneira na que se podía axudar e, sobre todo, animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hopitais galegos, dende o persoal sanitario, limpeza, cociña, mantemento, reparto,... ata os propios enfermos que neste momento se encontran illados, así como á xente que está a cuidar dos nosos maiores nos Centros Residenciais de Terceira Idade, e aos propios maiores, que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos”.

O Departamento de Servizos Sociais sinala que “para todo...

leer más