campás
O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, participaron en Mondoñedo na presentación de O son das campás no Camiño, unha iniciativa impulsada pola Asociación O Camiño Norte co apoio de Turismo de Galicia.
A Xunta de Galicia explica que O son das campás no Camiño “naceu coa vontade de fomentar o asociacionismo, a colaboración cidadá e a participación dos distintos axentes locais, recuperando unha tradición vinculada á historia e á identidade de Mondoñedo. Ao mesmo tempo, pretende converter o patrimonio sonoro local nun novo atractivo para as persoas que percorren o Camiño do Norte. O proxecto recupera o significado que historicamente tiveron as campás como elemento...
leer más



