Fórmula V
Dentro do programa Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, o espectáculo O Gran Guateque chegará a Ribadeo o día 8 de agosto, sábado, e contará coas actuacións de dúas formacións míticas do pop español: Orquesta Mondragón e Fórmula V. Será ás 21:30 horas no Campo de San Francisco.
Concertos do Xacobeo anuncia que “O Gran Guateque regresará este verán a Galicia con tres citas que encherán de nostalxia e grandes éxitos os escenarios de Lalín (2 de agosto), Narón (7 de agosto) e Ribadeo (8 de agosto). O espectáculo reunirá a Orquesta Mondragón, a emblemática banda liderada durante décadas por Javier Gurruchaga e autora de éxitos como Viaje con nosotros ou Corazón de neón; e a Fórmula V, un dos grupos máis populares do pop español dos anos 70, responsable de cancións tan recoñecidas como Cuéntame,...
leer más



