Orquesta Mondragón e Fórmula V actuarán en Ribadeo o 8 de agosto

Dentro do programa Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, o espectáculo O Gran Guateque chegará a Ribadeo o día 8 de agosto, sábado, e contará coas actuacións de dúas formacións míticas do pop español: Orquesta Mondragón e Fórmula V. Será ás 21:30 horas no Campo de San Francisco.

Concertos do Xacobeo anuncia que “O Gran Guateque regresará este verán a Galicia con tres citas que encherán de nostalxia e grandes éxitos os escenarios de Lalín (2 de agosto), Narón (7 de agosto) e Ribadeo (8 de agosto). O espectáculo reunirá a Orquesta Mondragón, a emblemática banda liderada durante décadas por Javier Gurruchaga e autora de éxitos como Viaje con nosotros ou Corazón de neón; e a Fórmula V, un dos grupos máis populares do pop español dos anos 70, responsable de cancións tan recoñecidas como Cuéntame, Eva María ou Vacaciones de verano. Da man de artistas que forman parte da historia da música española, no marco dos Concertos do Xacobeo O Gran Guateque achegará ao público unha experiencia chea de clásicos inesquecibles, lembranzas e celebración compartida”.