Mistura
Cervo volverá converterse neste mes de xullo nun punto de encontro para a música e a danza tradicional coa celebración do Festival Folklórico Internacional e do Festival Folklórico Infantil, organizados polo Grupo Folklórico Mistura, de Lieiro, en colaboración co Concello, que anuncia: “a Praza dos Campos, de San Ciprián, será o escenario de dúas xornadas nas que o público poderá gozar de actuacións chegadas de diferentes puntos da Península e tamén doutros países, nunha cita xa consolidada dentro da programación cultural do verán cervense. “
A programación abrirase o venres 17 de xullo, ás 20:00 horas, co Festival Folklórico Internacional, que reunirá sobre o escenario á Agrupación Folklórica La Sidrina, de Lugones (Asturias); ao Grupo Folklórico Estampas de México; e ao Grupo Folklórico Mistura, de Lieiro, anfitrión do encontro e...
leer más



