Cámping

Etiquetas:
26/07/2018

As terrazas do Cámping Gaivota, en Barreiros, acollerán maña unha nova queimada proletaria coa actuación do grupo Djang Dharma, que fusiona instrumentos da India, de Australia e do Tíbet. 

O artista barreirense Celso Dourado dixo que “este venres temos a tradicional queimada que facemos todos os venres no cámping cunha actuación musical dun grupo que posiblemente sexa dos máis orixinais que eu coñezo. Trátase de Djang Dharma, que son Chus, Tomás e Adrián”.

Dourado explicou que “esta xente coñeceuse hai uns anos tocando polas rúas de Santiago. Desta relación naceu unha fonda amizade que os leva a xuntarse e a convivir longas tempadas, sobre todo polo inverno, nun val de Asturias, máis en concreto na comarca dos Oscos. Aquí crean, improvisan e ensaian practicamente sen ningunha influencia, nada máis que os seus...

leer más
Etiquetas:
27/07/2017

O cámping Gaivota, propiedade do artista barreirense, Celso Dourado acolle este venres, 28 de xullo, a actuación do grupo de rap galego Som do galpóm. Será a partires das 23:00 horas nas súas terrazas e dentro da programación das Queimadas proletarias, música de raíz, que daban comezo hai uns días e que se prolongarán ata o 25 de agosto. 

Celso Dourado anunciou que “este venres estará con nós na queimada que facemos todos os venres a partires das once da noite, nas terrazas do Gaivota, un grupo que eu me atrevo a dicir que é dos iniciadores do rap en galego. É un grupo da comarca de Santiago, é Som do galpóm”.

O artista barreirense convida a “todos aqueles que queiran disfrutar da música de Som do galpóm nun ambiente máxico, a cita é este venres a partires das once da noite no cámping Gaivota”.

... leer más