Santa Isabel
San Martiño e Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrarán as festas na honra de Santa Isabel esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7 de xullo.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús.
E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú, co dúo Venús.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebra as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 5 ata o domingo 7 de xullo.
As actividades comezarán o venres, día no que haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo América SL.
O sábado celebrarase misa ás 13:15 horas, seguida de procesión e sesión vermú, co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Phantom.
E o domingo ás 13:30 horas haberá misa e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Belinda.
A parroquia de Santa Isabel de Lieiro, celebrará esta fin de semana, desde o venres 30 de xuño, ata o luns 3 de xullo, as Festas na Honra da Santa Isabel.
A tradicional cita, que abre o calendario festivo de verán en Cervo, foi presentada este mediodía, pola rexedora, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por varios dos membros da organización.
O programa arrincará o venres, 30 de xuño, ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Conxuro discomóvil, Yo Lataba en EGB e os Dj Frisco e Marcos Peón.
O sábado, 1 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruada a cargo do grupo Mistura de Lieiro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita.
... leer más