tÁ
Escena Miriñaque representará a obra titulada tÁ en Viveiro este sábado, día 7 de febreiro. Será ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
Esta obra xestual, que logrou o Premio Nacional de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud do Ministerio de Cultura en setembro de 2024, ten unha duración de 35 minutos e está dirixida ao público infantil, para maiores de 2 anos de idade.
A sinopse é a seguinte: “tÁ é unha obra de danza-teatro onde o realismo máxico cobra vida nun bosque no cal se naturaliza o irreal ou estraño como algo común. Os seus dous personaxes; peculiares, divertidos e sensibles desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento emocional a través do xogo. Ao final do espectáculo convidarase as nenas e aos nenos para penetrarse no bosque dunha forma moi especial … Bailando...
leer más



