festival folclórico

16/07/2025

A asociación folclórica e cultural A Subela, de Foz, organiza o XXIV Festival Aires do Masma na vila focega este sábado, día 19 de xullo. Será ás 21:00 horas na Praza Conde de Fontao. Ademais do colectivo anfitrión actuará o grupo Axeigo, formación lucense de música tradicional galega.

“O cartel deste ano é moi especial xa que na imaxe empregada podemos ver ás bailadoras da Subela. A imaxe é un cadro pintado por Mariangel Leal a partir dunha foto tomada polo seu irmán, José Ramón Leal. Queremos darlles as grazas por deixarnos empregar esta fermosa imaxe que tanto nos gusta”, explica A Subela.

07/04/2025

A asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a décimo cuarta edición do seu festival folclórico infantil. Será este sábado, día 12 de abril, ás 18:00 horas no Salón de actos do Concello de Xove.

Saíñas anuncia: “o sábado 12 de abril temos unha cita especial, o XIV Festival Infantil, ás 18:00 h no salón de actos do Concello de Xove. Os nosos grupos infantís, as Xoaniñas e os Candís, estarán acompañados por Cántigas e Frores (Lugo) e Buxainas (Cedeira). Será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.

26/07/2024

O Festival Folklórico Internacional de San Ciprián, organizado polo grupo folklórico Mistura e o Concello de Cervo, celebrarase o día 2 de agosto, venres, a partir das 20:00 horas.

O grupo Mistura anima a “vivir una experiencia cultural única e inolvidable con grupos de 3 continentes: Grupo Folklórico Naz, de Kazajistán; Compañía Nacional de México; Grupo Coros y Danzas San Antón de la Peña, de La Zaranda (Murcia) y Grupo Folklórico Mistura, de San Ciprián”.

Durante o festival haberá venda de bolos preñados e empanadas e ao final sortearanse 500 euros.

04/06/2024

O salón de actos do Concello de Xove acollerá a décimo terceira edición do festival folclórico infantil que organiza a asociación cultural Saíñas. Será este sábado, día 8 de xuño, ás 18:00 horas.

Neste evento o grupo infantil Xoaniña, da asociación cultural Saíñas, estará acompañado polo grupo Mistura, de Lieiro (Cervo).

Os organizadores anuncian que “será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.