A UNED de Viveiro celebra o seu 20 aniversario cun ciclo de conferencias do 15 ao 19 de setembro

A Aula Universitaria UNED de Viveiro celebra o seu 20 aniversario cun ciclo de conferencias aberto á cidadanía do 15 ao 19 de setembro. Todas as charlas serán de 18:00 a 19:30 horas.

Esta actividade é gratuíta, pero é necesaria matrícula previa. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través desta web:  https://extension.uned.es/actividad/46223&codigo=BULOS

As temáticas das conferencias son as seguintes: o día 15, Bulos climáticos; o 16, Cara un turismo sostible, realista e viable; o 17, O reino de Galicia na Idade Moderna; o 18, Por que resolver os conflitos a través da mediación?; e o 19, Alimentación e gastronomía para o desenvolvemento local.

“Unha oportunidade para reflexionar, aprender e celebrar dúas décadas de labor educativa en Viveiro”, anuncia a Aula Universitaria UNED.