O Concello de Barreiros ofrece o programa cultural “A Voltas cos Contos”, con seis monólogos en xuño, xullo e agosto

O Concello de Barreiros organiza o programa cultural titulado A Voltas cos Contos, que inclúe seis monólogos durante os meses de xuño, xullo e agosto. O primeiro será este domingo, 15 de xuño, ás 19 horas na Escola de Celeiro de Mariñaos a cargo de Cris de Caldas.

O Concello de Barreiros, a través da Concellería de Dinamización e Participación Veciñal, anuncia que “continúa a súa aposta por levar actividades culturais as parroquias do interior do municipio. Durante as vindeiras semanas, poderedes desfrutar dun completo programa composto por seis actuacións, principalmente monólogos que mesturan humor, narración e reflexión”.

“A través deste programa seguimos achegando a cultura á veciñanza e, de paso, poñendo en valor os espazos comúns dos que gozan as parroquias”, sinala o concelleiro de Dinamización, Dani García.

Este programa está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.