Las Guerreras K-Pop
20/01/2026
A Casa da Cultura de Burela acollerá o día 30 de marzo, ás 17:00 horas, o musical Las Guerreras K-Pop, un tributo de Pares o Nones Producciones aos grupos máis coñecidos deste xénero musical.
O Concello de Burela anuncia que “o espectáculo presenta unha historia na que a fama agocha unha guerra sobrenatural polo destino do HofMund. As protagonistas, coñecidas como Cazadoras, empregan os seus talentos musicais como escudo místico, a través de coreografías e harmonías, para protexer ao público dunha invasión demoníaca. Cada canción convértese nunha batalla escénica, nun enfrontamento de bandas onde a música é a principal arma”.
As entradas teñen un prezo desde 24,20 euros e poden adquirirse a través da plataforma Ataquilla.



