Cursos
17/06/2015
A biblioteca pública municipal e a Omix organizan un Obradoiro práctico de pintura. Técnica mural, que terá lugar do 10 ao 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Será os luns, mércores de venres de 11 a 13 horas e está dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.
Xa en agosto haberá un Obradoiro de danza moderna. Será do 3 ao 17 dese mes de luns a venres de 10:45 horas a 13:15 horas e tamén está dirixido a rapaces de 7 a 30 anos. Este obradoiro, tamén gratuíto, impartirase no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Segundo informa o Concello as prazas son limitadas e ocuparanse por orde de inscrición. Os obradoiros son gratuíto.
17/06/2015
Segue o programa "Ribadeo medra contigo" do Concello co segundo módulo destinado a empresas e emprendemento, que terá lugar do 22 ao 29 de xuño.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local sinalan que “o entorno 2.0 dixital actual marca unha nova realidade e necesidade que as empresas teñen que integrar e adaptar; estar presente na rede, a interrelacións cos clientes a través das redes sociais é unha nova forma de intercomunicación cos usuarios reais e potenciais. Para elo presentamos o curso de Marketing, Social Media e Web, que nos axudará a realizar o plan de marketing da nosa entidade, achegáranos a novos modelos de comercialización online e fidelización do cliente, á web, e a outros recursos 2.0 que está a noso alcance e nos poden axudar ao posicionamiento e...
leer más 17/06/2015
Desde a ACD Xove explican que “este ano como en anos anteriores solo imos facer unha actividade deportiva para o verán que será a de surf na praia de Esteiro e impartido pola Escola Galega de Surf que estará organizada da seguinte forma:
CURSO DE INICIACION O SURF (PARA PRINCIPIANTES)
•Para nenos-as e rapaces-zas con + 7 anos (2º Primaria)
•Os que empecen por primeira vez, ou empezaron por primeira vez o ano pasado van ter a actividade totalmente gratuíta.
•Datas: Primeira quincena do mes de xullo (1 ó 15). Todos os días, de luns a venres (11 dias). en horarios por determinar segundo as mareas.
... leer más 04/06/2015
A sección de piragüismo do CD San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo ofrece unha nova edición do curso gratuíto de iniciación ao piragüismo que se adoita impartir todos os anos na época estival. O alcalde en funcións, Alfonso Villares, o edil de Deportes en funcións, Luis Guillén, e o monitor de piragüismo, Javier García Garza deron a coñecer hoxe os detalles da actividade.
En concreto, o curso impartirase os días 16, 17 e 18 deste mes de 16:30 a 18:00 horas no encoro de Río Covo e está dirixido a nenos de 8 a 12 anos. Para poder participar só é preciso inscribirse chamando ao teléfono 619 576 386 ou enviando un correo a piraguismosanciprian@gmail.com
... leer más 27/05/2015
En Ribadeo da comezo a segunda parte do programa Ribadeo medra contigo, que estará destinada a dinamizar e impulsar as pequenas empresas e a mellorar a xestión do seu negocio. Esta segunda fase está composta de tres módulos: xestión administrativa, márketing e marca persoal. O módulo de xestión administrativa será os días 9, 10 e 11 de xuño. A inscrición xa está aberta no Concello.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez dixo que “queremos iniciar a segunda parte deste Ribadeo medra contigo, na que queremos axudar a dinamizar e a impulsar as pequenas empresas e os comercios que estean establecidos dentro do noso territorio. Tamén a esas persoas que están decididas, nestes momentos tan complexos, a emprender. Para iso queremos axudar e poñer en...
leer más 25/04/2015
Para ter éxito no cultivo das abellas hai que formarse previamente. A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados. A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca da Mariña Central conta con 200 apicultores, con aproximadamente 3.000 colmeas e unha produción estimada de 60.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas
O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica. Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu...
leer más 25/03/2015
O salón de actos do centro cívico de Xove acollerá do 30 de marzo ao 3 abril o XXV Curso de Formación Orquestral Semana Santa 2015. O evento, que está organizado por PrestoXove, foi presentado hoxe. E conta coa colaboración do Concello xovense e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Os profesores convidados son: Benxamín Iglesias (trompa), Rebeca Maseda (violín), Nazaret Canosa (violín) e Iván Siso (violonchelo). Os profesores colaboradores son: Manuel Fernández (violín), Olalla Canoura (violín), Saúl Canosa (clarinete), Xulia Nogueira (violonchelo) e Anxo Leitao (contrabaixo). O director do curso é Xan Carballal.
Ademáis da formación haberá dous concertos. Un concerto de cámara o xoves, 2 de abril, ás seis da tarde. E o...
leer más 19/03/2015
A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe o Centro de Formación Ocupacional de Viveiro e entregou os diplomas dos cursos incluídos no programa de Accións Formativas para Desempregados que se impartiron durante os últimos meses, nos que a Consellería de Traballo e Benestar investiu 283.000 euros.
Arias lembrou que xa está en marcha a programación de 2015, que de momento contempla para este centro tres cursos que comezan este mes: os de operacións de fontanería, calefacción e climatización doméstica; montaxe e reparación de sistemas microinformáticos, e mecanizado por arranque de labra. Tamén está adxudicado o curso de creación e xestión de microempresas, que se impartirá a partir de xullo.
A programación para o centro de...
leer más 18/03/2015
Las instalaciones de Academia A Mariña, en Burela, acogerán el próximo lunes, 23 de marzo, un curso sobre alergias alimentarias, que tendrá lugar de 17 a 20 horas. Una veintena de personas acudirán a esta cita.
En el mismo se abordarán cuestiones como ¿qué es alergia e intolerancia alimentaria?, nutrición y alimentación, tipos de alérgenos, plan de prevención de riesgos en materia de alergias alimentarias, legislación aplicable, derechos del cliente-consumidor, información obligatoria en las cartas de los restaurantes, obligaciones de los establecimientos de alimentación y casos prácticos.
Desde Academia A Mariña explican que “esta ley, que entró en vigor el pasado mes de diciembre, tiene que cumplirla todo operador alimentario que...
leer más 12/03/2015
A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, avanzou este xoves a nova programación de actividades dirixidas principalmente a adultos que o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) organiza durante o vindeiro trimestre. Ofrecerá 12 obradoiros de artesanía que se desenvolverán ata o 27 de xuño na Fundación TIC, nas aulas do Hospital de Día de Saúde Mental e nos Concellos de Bóveda, Lourenzá, Cervantes, Becerreá, O Incio, Viveiro, Abadín, Ribadeo e A Fonsagrada. Grazas a estes talleres, 146 persoas coñecerán os segredos dos oficios artesanais e a tradición do tecido, a tapicería, fotografía, cestería, tala e torneado de madeira, birimbao, arte visual, escaparatismo e fabricación de monicreques.
No acto, no que tamén estiveron presentes algúns dos artesáns encargados de...
leer más