Na piscina municipal de A Pontenova haberá cursos de natación do 14 de xullo ao 5 de agosto

O Concello de A Pontenova organiza cursos de natación na piscina municipal para as categorías biberón, infantil e adultos desde o día 14 de xullo ata o 5 de agosto.

As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o venres 10 de xullo. O prezo é de 60 toda a tempada ou 20 euros cada semana.

A categoría biberón é para 2 e 3 anos de idade; a infantil, para 4 anos ou máis; e a de adultos, para persoas a partir de 18 anos.